Tuesday 07 de May de 2024

Unha vintena de veciños participaron nas Xornadas Micolóxicas de Frades


Unha vintena de veciños e veciñas tomaron parte na segunda edición das Xornadas Micolóxicas de Frades. Unhas xornadas nas tamén participaron os concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Medio Ambiente, Juan Carlos Portos; e Cultura, Jesús Miguel Prado.

O biólogo da USC Martín Souto foi o encargado de abrir as xornadas cunha charla no multiúsos de Cimadevila no que lles expuxo aos presentes as diferenzas entre cogomelos comestibles e tóxicos. Acto seguido, os participantes fixeron unha saída a apañar cogomelos na contorna da capela de San Nicolau.

Tras a busca polo monte, os participantes repuxeron forzas cun xantar-degustación no Restaurante A Coviña, no que puideron degustar varios pratos coas setas como ingrediente principal: empanada de setas, tortilla de patacas con setas, setas con cachelos, setas ao ajillo, guisadas, etc. As xornadas remataron no local social de Ponte Carreira, onde se expuxeron e catalogaron os cogomelos apañados durante a mañá.